A sesión terá lugar o mércores 7 de outubro, ás 19:00h, no salón de plenos do Concello
Salvaterra de Miño celebra o mércores, 7 de outubro, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello, unha charla sobre compostaxe doméstica dirixida ás persoas participantes na iniciativa. Durante a xornada realizarase tamén a entrega de composteiros para a súa instalación nos fogares.
O acto ofrecerá as claves para iniciarse na compostaxe doméstica e aproveitar a materia orgánica da casa, reducindo o volume de residuos e obtendo un compost útil para hortas e xardíns.
Desde o Concello faise un chamamento a aquelas persoas que xa se inscribiron na campaña e solicitaron un composteiro para que se acheguen a recollelo ao remate da charla. O resto do kit de compostaxe entregarase nunha visita de seguimento posterior, na que tamén se resolverán as dúbidas que vaian xurdindo durante o proceso. E aqueles que non acudiron ao acto, serán citados para entregarlle o coin na vivenda.
Esta iniciativa vai dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
Datas e lugar
• Cando: mércores, 7 de outubro de 2026, ás 19:00h
• Onde: salón de plenos do Concello de Salvaterra do Miño
• Que: charla sobre compostaxe doméstica e entrega de composteiros.

