O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO TRAMITA A TRAVÉS DO PLAN EXTRAORDINARIO VIA DEPO UN NOVO PROXECTO DE CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DO FIRME PARA O SEU VIARIO MUNICIPAL
O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar un proxecto de conservación e rehabilitación de firme por un importe de 148.438,72 euros a través do novo plan da Deputación PLAN VIA DEPO, destinado a mellora da infraestrutura viaria dos concellos.
Este proxecto contempla actuacións no Outeiral e no víal Codesás-Castelo en Salvaterra, en Escambroeiro en Corzáns, en Salcide parroquia de Pesqueiras, en Arantei no barrio da Muguiña e no vial de Lambás (Porto) – Muguiña (Arantei) e en San Andrés de Uma, en total máis de 2.380 metros de pavimentación.
Esta actuación enmárcase dentro do Plan de pavimentación de viaís municipais do Concello, a través do cal se levan feito inversións e mellorado o viario en todas as parroquias do municipio.
