SALVATERRA DE MIÑO ACOLLE DOUS OBRADOIROS GRATUÍTOS SOBRE CIBERSEGURIDADE E INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA PEMES, AUTÓNOM@S E CIDADANÍA.

O Concello de Salvaterra de Miño colaborará durante o mes de xuño na celebración de dous obradoiros presenciais gratuítos centrados na ciberseguridade e na intelixencia artificial, co obxectivo de achegar á cidadanía e as pequenas empresas, ferramentas prácticas para a nova actualidade dixital.

As sesións desenvolveranse no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño, en horario de 20:00 a 22:00 horas, e están dirixidas ao persoal de pemes, persoas autónomas e a todas aquelas persoas interesadas en aprender a protexerse no entorno dixital actual.

O primeiro obradoiro, titulado “Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas”, terá lugar o vindeiro 10 de xuño de 2026. Durante esta sesión abordaranse cuestións clave como o funcionamento dos ciberdelincuentes, a protección das credenciais e dispositivos, así como a identificación das principais ameazas dixitais ás que se enfrontan empresas e usuarios no día a día.

Posteriormente, o 17 de xuño de 2026, celebrarase o obradoiro “Intelixencia Artificial e ciberameazas: entendendo os novos retos e desafíos”, unha actividade centrada no impacto da IA na seguridade dixital. As persoas asistentes poderán coñecer o novo marco regulador europeo sobre intelixencia artificial, descubrir como esta tecnoloxía pode utilizarse tanto para protexer sistemas como para xerar novas ameazas, e aprender a detectar fraudes, deepfakes e ataques hiperpersonalizados cada vez máis avanzados. 

Estas actividades buscan fomentar unha maior seguridade dixital e sensibilizar á poboación sobre a importancia da prevención e do coñecemento tecnolóxico nun contexto no que as ameazas en liña aumentan constantemente.

As persoas interesadas poden obter máis información a través da web: https://ciberseguridadegalicia.gal/ Lugar: Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño Horario: 20:00 – 22:00 horas Inscricións no correo animacion​@​concellodesalvaterra.org ou no telefono 617 18 91 67.

28 05 26 Salvaterra Ciberseguridade Actualizado28 05 26 Salvaterra IA Actualizado 2