O curso levarase a cabo os sábados do mes de maio e xuño no Pavillón Municipal Cándido Carrera.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de maio e xuño un curso de defensa persoal para mulleres. A finalidade é a aprendizaxe de técnicas de protección e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como saír de situacións de perigo.

Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.O curso que se levará a cabo os sábados 23 e 30 de maio e 6 e 13 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto.

Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo animacion​@​concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 617 189 167.

30 04 26 Cartel Curso Defen