O pasado venres 27 de marzo a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organizadora da festa da sementeira e música, presentou a súa programación para a vindeira edición, que se levará a cabo os días 8,9 e 10 de maio. Dito acto celebrouse no Pazo das Barreiras, en Salvaterra de Miño. No evento interviron varios membros da asociación, así como o Deputado de Cultura, Jorge Cubela, Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra e Rafa e Iris, integrantes do Caimán do Río Tea e Bareixa, dous dos grupos que estarán presentes na décimo oitava edición.. Desde a asociación desvelaron este ano o festival voltará a contar con tres días de duración, comezando o venres pola mañá con xornadas específicas para o CRA A LAGOA, ACCESCA e ADAPTA. Xa a noite comenzarán os concertos cos grupos Bareixa e Storrentos, así como tamén estará o dillei Sapoconcho Sem Poncho. Ademáis, aquelas persoas que se acerquen ata a área recreativa Muiño da Ponte no sábado, poderán disfrutar da concentración de tractores clásicos, observar os diferentes postos de artesanía, degustar comida; que os nenos asistan a obradoiros infantís e o espectáculo de Duende Circo; así como gozar dos concertos de Meizoi, Os Varuncas, Kortalumes, SÉS, Orquestra Bravú Xangai, o Caimán do Río Tea ou dos DJs de la Duendeneta. Xa no domingo, todos os asistentes volverán a revivir as costumes de antaño coa labrada con bois, disfrutarán das olimpiadas agrícolas e seguirán gozando de concertos como os de Sons da Raia, Naiama, Os Carunchos, Hijos de Puchini, os Festicultores Troupe ou Sons das Tabernas. Ademáis, como novidade no acto presentaron os pregoeiros de este ano, que veñen a través da Cofradía do Txuletón e entre eles atopanse: Sergio Pazos, Fernando Romay, J. Abril, Concha Crespo, Aarón Guerrero, Iñaki Cano, Miguel Ortiz, Manu Baqueiro, e como estrela invitada Poty. Ainda que por motivos laborais non puideron estar na presentación varios membros enviaron un vídeo para todos os asistentes. Finalmente, tamen explicaron que siguen traballando a prol da inclusión e que por segundo ano consecutivo contarán con unha intérprete en lingua de signos.

30 03 26 Presentación Semen