Nas últimas semanas recibimos a visita de Lara Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, para seguir avanzando na organización da que será unha edición moi especial do noso festival.
Este ano celebramos nada menos que a 25ª edición do Festival O Son da Muralla, que terá lugar o 1 de agosto. Un aniversario moi significativo que queremos compartir con todos vós.
Para conmemorar estes 25 anos de música e festa, contaremos coa presenza do aclamado DJ internacional SASH!, que fará vibrar ao público cos seus grandes éxitos e axudaranos a lembrar o espírito co que comezou este festival.
Seguimos traballando con moita ilusión para que esta edición sexa histórica.
1 de agosto – 25º Festival O Son da Muralla
Moi pronto máis novidades.

