Salvaterra acolle o curso Auxiliar de almacén e atención ao público, con 190 horas de formación e prácticas en empresa
A iniciativa, impulsada pola Fundación Érguete-Integración coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, realízase ao abeiro do programa Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra

A partir do mes de maio, a Fundación Érguete-Integración, en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, pon en marcha o curso `Auxiliar de almacén e atención ao público´, que contará con 190 horas de formación, das que 80 se corresponden con prácticas en empresas.
O curso desenvolverase entre o 5 de maio e o 30 de xuño na Aula de Capacitación Dixital da Casa Cultura de Salvaterra de Miño (Rúa Raíña Dona Urraca, nº 12), en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Ademais das competencias técnicas específicas de almacenaxe e atención ao público, o programa formativo inclúe módulos de manipulación de alimentos e manexo de carretilla elevadora, así como prácticas non laborais en empresas. A formación incorpora tamén sesións para traballar habilidades transversais para o emprego e a igualdade de oportunidades e un taller sobre emprendemento. Así mesmo, o alumnado terá a posibilidade de recibir orientación laboral e crear un itinerario personalizado de inserción coa guía das profesionais da Fundación Érguete-Integración.
As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información ou preinscribirse a través do teléfono da Fundación Érguete-Integración (986 253 176), do Concello de Salvaterra (617 189 167), ou no enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Emprego Inclusivo, un programa para favorecer a inserción laboral
Esta formación realízase ao abeiro do programa Emprego Inclusivo, promovido pola Deputación de Pontevedra en diferentes municipios da provincia, e diríxese a persoas demandantes de emprego ou que desexen mellorar a súa situación laboral. Nesta ocasión, ademais, terán preferencia á hora de realizar a selección de participantes aquelas persoas que se atopen empadroadas no concello de Salvaterra e estean percibindo unha prestación social ou conten cun expediente aberto en servizos sociais.
O obxectivo principal do programa Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, facilitando a súa incorporación ao mercado de traballo a través do desenvolvemento das competencias laborais e persoais e do seu apoderamento.

Fundación Érguet