AuditoríaSALVATERRA RECIBE UNHA SUBVENCIÓN, PARA A EXECUCIÓN DE ACTUACIÓNS ENCAMIÑADAS A REDUCIR AS INFILTRACIÓNS NAS REDES DE SANEAMENTO MUNICIPAIS, DA XUNTA DE GALICIA NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA – NEXGENERATIONEU POR UN IMPORTE DE 44.440,19€

No ano 2024 Salvaterra de Miño realizaba unha auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de inflitracións que nos marcaba os pasos a seguir para mellorar a rede municipal. A través desta subvención o Concello centrará as súas primeiras actuacións na dixitalización de catro estación de bombeo de augas residuais (EBAR) co fin de mellorar a xestión dixital do ciclo urbano da auga e mellorar a súa vez o control e a calidade das augas nos vertidos de augas residuais.

Os bombeos nos que se actuarán serán no de Fornelos, Cordeiro, Pesqueiras e Alxén; onde se substituirán os cadros eléctricos, instalarase un sistema de tele xestión e supervisión remota de funcionamento e fallos do mesmo, un sistema de visualización de nivel e un sistema de control de niveis. O proxecto desta actuación ascende a máis de 60.000 euros, cunha aportación municipal de preto de 18.000 euros.