O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa asociación Secot unha formación para aprender a utilizar o móbil dentro do programa “Conectando Mayores”. O curso celebrarase en dúas ubicación: - Salvaterra de Miño o día 14 de novembro de 11:00 a 13:00 horas na Aula de Capacitación Dixital da Casa da Cultura de Salvaterra. - Lira o día 14 de novembro de 16:00 a 18:00 horas na Casa Cultura.
A actividade totalmente gratuíta ten como fin incorporar o coñecemento das tecnoloxías de comunicación móbiles ós maiores para que utilicen os dispositivos (Smartphone e Tablets) na súa vida cotiá como ferramentas de apoio. Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 986658126.


