Nesta semana iniciábanse os traballos de reforma na cuberta da Casa cultural da parroquia de Leirado, unha obra financiada a través da liña de investimentos do Plan + Provincia 2025 da Deputación Provincial, por un importe de máis de 51.000,00€

A necesidade deste proxecto ven determinada polas diferentes filtracións de auga por parte da cuberta, que aconsellaban unha actuación para a mellora e reparación dunha parte importante da mesma, así como o selado de fisuras. Realizarase o levantado e retirada da tella mixta, así como da uralita, a continuación colocarase unha uralita nova, previos rastreles de mortero, a fixación de onduline mediante tacos e torllineria para acabar colocando nova tella. Tamén se realizará a mellora da estanquidade da cuberta co lavado do tellado e a aplicación de hidrofugane, a reparación e repasado das grietas existentes baixo cuberta e o pintado de parametros verticais e horizontais.

15 10 25 Casa Cultura Leirado 1