Este sábado comeza a II Edición do Trofeo Solidario Salvaterra de Miño, organizado polo CPA Salvaterra e coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e Deporte Galego da Xunta de Galicia. Máis de 140 patinadores se darán cita no Pavillón Cándido Carrera o sábado e o domingo, onde o denominador común será a solidariedade, coa recollida de alimentos non perecedoiros e productos de hixiene. O evento estará dividido por seccións e as súas correspondentes entrega de trofeos. Dende o Concello transmitimos os nosos parabéns e gratitude a esta fermosa iniciativa levada a cabo polo CPA Salvaterra, onde poderemos gozar ademais de dúas xornadas espectaculares sobre patíns.

 

28 11 24 II Trofeo Solidario Salvaterra 228 11 24 II Trofeo Solidario Salvaterra 1