O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO CONVOCA, UN ANO MÁIS, O CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
“Amar non é sufrir, amar é vivir” foi o slogan gañador do ano 2023 e que foi o lema na campaña de concienciación que realizou o Concello de Salvaterra de Miño. O 25 de novembro convócase a tod@s para participar no minuto de silencio polas vítimas ás 12:00 horas na Praza do Concello.
Con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convoca un ano máis un concurso de slogans para alumnos do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista. A XIV edición do Concurso de Slogans contra a violencia de xénero, ao abeiro da subvención do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade, busca frases que traten de transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema. O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas e outros soportes onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de violencia. Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar no tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos. Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia machista promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores. Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 - 986 65 80 82 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Recordemos que, ó longo do ano o Concello de Salvaterra de Miño realiza diferentes accións a través do Pacto de Estado, iniciativas e actividades dirixidas ás mulleres que se levaron a cabo como o obradoiro de mindfulness, curso de defensa persoal ou actividades de ioga e pilates entre outras. Ademais dende o Concello de Salvaterra de Miño convócase a tod@s para participar o vindeiro luns 25 de novembro ás 12:00 horas no minuto de silencio polas vítimas que terá lugar diante da entrada do Concello.