O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE ELABORAR UNHA AUDITORÍA MUNICIPAL DAS REDES DE SANEAMENTO PARA A DETECCIÓN DE INFILTRACIÓNS, A TRAVÉS DA SUBVENCIÓN DE AUGAS DE GALICIA 2024, POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 18.000,00€
A través desta colaboración entre administracións búscase lograr obxectivos comúns nas políticas de saneamento cun análise exhaustivo do estado das redes actuáis, un aspecto clave para que estes servizos se poidan prestar dun xeito adecuado, xa que as auditorías municipais son un instrumento eficaz para identificar os problemas asociados á xestión das redes de saneamento, identificar as principais entradas de augas brancas ou os puntos de alivio. A través desta auditoría realizarase unha memoria da rede de saneamento, cunha listaxe das estacións depuradoras de auga residuais, estación de bombeo de auga residual e fosas sépticas do Concello, incuíndo a súa localización e a listaxe dos núcleos de poboación conectados. Esta auditoría está subvencionada nun 80% por Augas de Galicia e nun 20% polo Concello de Salvaterra de Miño.