O domingo 10 de novembro todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición. O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño quere promover un dos seus maiores expoñentes cunha xornada de portas abertas. De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán o Museo da Ciencia do Viño, un dos maiores espazos de divulgación da viticultura e enoloxía de España. Un museo altamente interactivo, didáctico, idóneo para o desfrute de toda a familia. O horario de visita será de 11:00 A 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo ben por correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 617 148 866. As prazas son limitadas.