O vindeiro xoves 7 de novembro a Oficina móbil de retorno achegará a Salvaterra de Miño un servizo de información e asesoramento especializado ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias. A iniciativa, cofinanciada co Fondo Social Europeo, que percorre os diferentes municipios da comunidade é un recurso clave para facilitar o proceso de reintegración dos galegos que deciden volver ao seu lugar de orixe. A unidade móbil estará ubicada na Praza do Concello de Salvaterra de Miño e atenderá aquelas persoas que soliciten previamente cita no teléfono 900 102 380 ou na web www.emigración.xunta.gal  O horario de atención será de 09:00 a 14:00 horas.

Retornados