Esta semana a concelleira de Educación, Lorena Soto, mantivo unha reunión co profesorado e alumnado do módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño para avanzar nos traballos de cara o Nadal. Cada ano, o Concello de Salvaterra de Miño colabora con eles na elaboración da decoración que se ubicará en diferentes puntos do casco urbán. Un traballo que se ven facendo dende hai máis de oito anos e que é un atractivo do noso municipio para veciños, veciñas e visitantes. Os pingüíns de Madagascar, o Grinch ou a carroza ubicada na Praza do Concello e o trineo en Marqués de Viana foron algún dos traballos realizados durante os últimos anos e que soprenderon a todos. Este ano farase de novo un acto para inaugurar a decoración da Praza do Concello na que tamén participarán os centros educativos, a Asociación Avelaíña ademais do módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño.