A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, ven de recibir un vehículo 100% eléctrico que se destinará a PUNTO LIMPO MÓBIL, adquirido a través dunha subvención por parte da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resilencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

A actuación contemplada por parte do Concello nesta orde implica a compra dun vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e dúas caixas de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro, unha pechada con compartimentos para recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros e outra aberta; ademais da adquisición de elementos de información e a formación do persoal encargado do servizo por un importe de 71.380,00€, financiado en 63.528,00€ pola Xunta de Galicia e cofinanciada en 22.840,80€ polo Concello de Salvaterra de Miño. Este Punto Limpo estará destinado á recollida de residuos urbanos non convencionais naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese, para favorecer a prevención, a recollida separada e para a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais. Os obxectivos principais que se pretenden acadar con este vehículo son a mellora do servizo de recollida de residuos especiais municipais, que chegará de xeito directo á veciñanza, xa que se irá colocando en diversos puntos do termo municipal; incrementar as porcentaxes de recollida selectiva de residuos de pequeno tamaño sen recollida convencional como pequenos electrodomésticos, pilas, baterías...; reforzar a recollida en puntos de especial afluencia de xente como poden ser feiras, festas ou outros tipos de eventos; contribuido desde o ámbito municipal ó cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas; e así introducir e popularizar entre a veciñanza de Salvaterra conceptos como a corresponsabilidade e de economía circular para que paulatinamente se vaia interiorizando por parte da veciñanza. Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450 PONTEVEDRA Tlfs: 986 65 81 26 - 986 65 80 82 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta actuación enmárcasse dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible elaborado polo concello. O vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e unha caixa de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro do municipio, conta tamén con compartimentos para recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros. O PUNTO LIMPO MÓBIL EMPEZARÁ A ROTAR PROXIMAMENTE POLAS PARROQUIAS DO MUNICIPIO.

Punto Limpo Móbil