AuditoríaO Concello de Salvaterra de Miño, ao abeiro da subvención de Augas de Galicia destinada á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, ven de empezar cos estudos e análises necesarios que dará lugar a unha proposta de medidas correctoras, por un importe de 18.149,36.

Esta auditoría será un instrumento eficaz para identificar os problemas asociados á xestión das redes, identificar as principais entradas de augas e mellorar o sistema de saneamento, programando actuacións de mellora.