O Concello de Salvaterra de Miño entra a principio deste ano a formar parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Financiado pola Unión Europea Next Generation EU e que busca crear unha rede estatal de centros de capacitación dixital, no ámbito do Sistema de Formación Profesional, en entidades locais, que se integrará como parte da rede estatal de centros de capacitación dixital. A través desta subvención adecuouse unha sala na Casa de Cultura, un espazo físico adecuado e accesible, con equipamento informático conectado a rede de Internet onde se levará a cabo a formación en competencias dixitais transversais. En total o Concello de Salvaterra recibe 24.500,00€ para a creación da Aula Dixital e a implementación de cursos de dixitalización a súa poboación. Estos cursos serán de 30 horas de duración e os obxectivos que se buscan é que os usuarios aprendan a identificar, localizar, obteñer, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais, avaliando a súa finalidade e relevancia para as distintas tarefas profesionais. Comunicar en entornos dixitais, crear e editar contidos dixitais novos, protexer a información e os datos persoais e identificar necesidades de uso de recursos dixitais para ampliar coñecementos. Inscríbete no 637 832 769 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Cursos Dixitalización Aplicada