A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o tenente alcalde, Ernesto Groba, mantiveron un encontro coa deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo; para supervisar os avances no proxecto de transformación da estrada provincial que une as parroquias de Leirado e Lira, a EP-4102.

Unha estrada na que é necesario levar a cabo actuacións de mellora para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade peonil desta infraestrutura de titularidade provincial.

20240731 isabel couselo reunion