Máis de medio milleiro de persoas visitou este espazo museístico dende o pasado mes de abril.

Moitos son os visitantes que se achegan dende a Península Ibérica, Europa ou América para coñecer os segredos que agocha o Castelo de Dona Urraca, en cuxo interior se empraza o Museo da Ciencia do Viño. Un museo diferente, altamente interactivo, didáctico e sito dentro dun Ben de Interese Cultural son algúns dos atractivos, que fan que este espazo sexa o lugar elixido por moitas axencias de viaxes, familias, asociacións e empresas como lugar de obrigada visita dentro dos seus itinerarios. Referente museográfico dentro da nosa comarca e lugar de interese para veciños e foráneos, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea é ademais un dos dous Puntos de Información Turística do Concello de Salvaterra, Xunto coa oficina habilitada no Parque de A Canuda. O museo está aberto de mércores a domingo, no seguinte horario de atención ó público: de 11h a 14h e de 17h a 19h. Non será preciso a inscrición previa, agás para os grupos de máis de 15 persoas. As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Museo Ciencia do Viño