TERRA GROVII EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SALVATERRA ORGANIZA UNHA VISITA NOCTURNA GUIADA AOS PETRÓGLIFOS DE SOUTOLOBRE-LOURIDO

A asociación, sen ánimo de lucro, TERRA GROVII, organiza os días 26 e 27 de xullo, en colaboración co Concello de Salvaterra do Miño unha visita nocturna ao xacemento do castro dous Penedos, entre as parroquias de Soutolobre e Lourido. TERRA GROVII, creada hai poucos meses para protexer, manter e facer visible o patrimonio, comezará a realizar actividades para cumprir estes obxectivos. A asociación naceu tras a intervención arqueolóxica, no devandito xacemento, polo arqueólogo Francisco Herves, contratado polo Concello en 2017 para estudar e descubrir o que a un veciño da zona parecíalle unha escultura antropomorfa. A actividade, a primeira realizada entre a Asociación e o Concello, se levará a cabo pola noite, xa que a luz das lanternas a determinada inclinación permite apreciar mellor algunhas escenas dos petróglifos, e que, no caso deste xacemento, aínda que xa están rexistrados, áchanse sen previo estudo, polo que a visita ofrece aos asistentes coñecer un lugar inédito e único. Os membros da Asociación, que traballaron man a man con Herves, na realización dos traballos arqueolóxicos, para descubrir e estudar esta forma de vida ancestral da nosa terra, son os guías mellor preparados para ensinarnos os próximos 26 e 27 de xullo ás 22:00 horas o patrimonio da zona. Esta actividade terá prazas limitadas e terminarase cunha chocolatada.

09 07 24 Cartel Visita Nocturna