A fin de semana do 12, 13 e 14 de xullo as rúas de Salvaterra de Miño serán testemuña dunha das probas máis aclamadas entre os afeccionados do mundo do motor.

Un ano máis coa chegada do verán os amantes do motor teñen unha cita obrigada: o xa tradicional Rallye Sur do Condado. O vindeiro 12,13 e 14 de Xullo, as estradas tinguiranse de neumáticos e dun aroma a gasolina, que sen dúbida desatarán a adrenalina de todos os presentes. Temos que agradecer un ano máis á Escudaría Surco por organizar este evento deportivo que nos sitúa como un dos referentes do mundo do motor en toda a Comunidade. Como cada ano, temos que chamar ó civismo, para poder desfrutar da proba coas máximas garantías, lembrando a todos os asistentes que extremen precaucións e sigan as instrucións da organización. Vémonos nos diferentes tramos que pasan por Salvaterra, Salceda, Ponteareas, Mos, Arbo, As Neves, Mondariz e Covelo. Non queda nada! 3,2,1… adiante Surco!!

05 07 24 Presentación Rallye Sur do Condado