No acto entrégaronse un total de 14 lotes informáticos para os alumnos e alumnas de primaria, secundaria e ciclos e 3 becas de estudos.

Un ano máis e co fin último de incentivar o estudo e o esforzo dos estudantes do Concello de Salvaterra de Miño celebrouse a XIX edición dos Premios de Educación do curso 2023-2024 que tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello. O acto de entrega onde non faltaron familias, profesorado e representantes dos centros educativos contou tamén coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel, a concelleira de Educación Lorena Soto. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, destacou durante o acto que “trátase dun proxecto froito da colaboración entre os centros educativos e o Concello para incentivar e premiar o traballo dos estudantes”. Os Premios de Educación son unha iniciativa pioneira que cada ano busca premiar os mellores expedientes de cada etapa: primaria, secundaria, ciclos e bacharelato. En total foron 14 premios os entregados e que consisten en equipos informáticos compostos por unha tablet, unha funda e unha memoria micro SD. Do total 5 foron para o Instituto de Educación Secundaria (4º ESO, FP Básica e Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura), outros 5 para o CEIP Infante Felipe e 2 para CEIP de Leirado e tamén 2 para o CEP Carlos Casares.

Os premiados foron:

COLEXIO CARLOS CASARES ALXÉN

   - Alessio Stefano Licata e Áxel Rodríguez Cambra

COLEXIO de LEIRADO

   - Martín Castro Álvarez e Olga Davila Álvarez

COLEXIO INFANTE FELIPE DE BORBÓN

   - Laura Flint Rodríguez, Daniella Míguez Rodríguez, Icía Sousa Pino, Adrián Prado Burgo e Mario Guillade Ferreira

I.E.S SALVATERRA DE MIÑO 4º E.S.O.

   - Ivana García Gómez, Marcela Lorenzo Bernárdez e Candela Pazos Gómez

CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRARÍA

   - Miguel Farrapeira González

CICLO BÁSICO DE CARPINTARÍA E MOBLE

   - Diego Estévez Rivera

Ademais os tres mellores expedientes de 2º de Bacharelato que foron para Lucía Ojea Caamaño, Iris Abril Teijeira e Idaira López González; premiaronse con 3 bolsas de estudos que consisten nunha viaxe a Inglaterra para perfeccionar a lingua inglesa.

04 07 24 Entrega XIX Premios de Educación 1