O Concello de Salvaterra de Miño puxo fin esta semana o último dos cursos que se imparten para as persoas maiores de 65 anos do noso municipio. Neste caso foron os alumnos e alumnas de pintura os que recibiron o seu diploma. A vista está o espectacular resultado con obras dunha gran calidade e firmadas por persoas que nunca antes pintaran nin sabían nada desta disciplina. Este non é o primeiro curso que se imparte de pintura na Casa do Maior de Leirado e tal e como se demostrou en anteriores ano trátase dunha actividade moi beneficiosa para os nosos maiores xa que estimula o cerebro e activa o lado creativo e das emocións. A iniciativa que dende fai uns anos desenvolve o Concello de Salvaterra de Miño de maneira gratuíta contou neste curso con actividades de ximnasia, pintura e memoria que promoven o envellecemento activo da poboación e están enfocadas no aprendizaxe sen esquecer o importante que é a socialización.

27 06 24 Curso Pintura 427 06 24 Curso Pintura 527 06 24 Curso Pintura 627 06 24 Curso Pintura 8

 

27 06 24 Curso Pintura 127 06 24 Curso Pintura 227 06 24 Curso Pintura 327 06 24 Curso Pintura 7