O 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ e co obxectivo de concienciar sobre a diversidade, igualdade, tolerancia e o respecto cara este colectivo un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese a estas reivindicacións con diferentes accións. Como en anos anteriores, a bandeira LGTBIQ+ está colgada no balcón do Concello para dar visibilidade e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente. Por outra banda, dentro desas acción que se levarán a cabo para conmemorar esta data haberá dúas actividades na Biblioteca Municipal. En primeiro lugar durante toda a xornada do 28 de xuño aquelas persoas que se acheguen á Biblioteca poderán deixar a súa mensaxe ou debuxo nun paraugas coas cores representativas. Ademais contaremos cun contacontos “Orellas de Bolboreta” onde tódolos nenos e nenas escoitarán un relato sobre a diversidade e a continuación elaborarán a súa bolboreta que despois farán voar no exterior. O contacontos terá lugar ás 10:00 e ás 18:00 horas e para participar deberán inscribirse no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

25 06 24 Día Orgullo 28 xuño