O Concello de Salvaterra de Miño puxo fin esta semana os cursos que se imparten para as persoas maiores de 65 anos do noso municipio coa entrega de diplomas e exercicios para o verán @s alumn@s do curso de memoria. Eles foron os primeiros en rematar a actividade que deu comezo en outubro e onde realizaron diferentes exercicios para mellorar a concentración e axilidade mental. Esta iniciativa que dende fai uns anos desenvolve o Concello de Salvaterra de Miño de carácter gratuíto conta con actividades de ximnasia, pintura e memoria que promoven o envellecemento activo da poboación e están enfocadas no aprendizaxe sen esquecer o importante que é a socialización.

18 06 24 Peche Curso Memoria Maiores