FIN DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR ANUAL:

MULTICINES LEIRADO: APRENDIZAXE, CÁMARA, ACCIÓN!

O martes, 18 de xuño, de 10:15 a 13:30 h., no CEIP Plurilingüe de Leirado, como peche das actividades lectivas no centro, haberá festival de cine coa proxección de nove curtas elaboradas polo alumnado do centro e unha exposición dos traballos realizados ao longo do curso en relación co proxecto interdisciplinar “Multicines Leirado: aprendizaxe, cámara, acción!”

O alumnado será o protagonista da explicación do proxecto anual de centro acompañando ao público asistente durante o seu percorrido e explicando o traballo realizado.

Neste proxecto o alumnado do centro realizou distintos traballos de investigación (historia e evolución do cine, películas salientables, xéneros cinematográficos, bandas sonoras...), elaborou os distintos compoñentes dun proxecto cinematográfico (story board, guión cinematográfico, decorado, vestiario, maquillaxe...), deseñou o plan de rodaxe (roles técnicos e roles artísticos) gravou curtas e finalmente as editou e montou.

Desenvolvéronse tarefas integradas con estruturación cooperativa atendendo aos principios do deseño universal de aprendizaxe en todos os niveis que culminarán coa proxección de nove curtametraxes (produtos finais das tarefas integradas do 3º trimestre).

A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe de Leirado agarda a súa asistencia en horario de 10:15 a 13:30 h.

Festival de Cine Leirado