Coa chegada do verán e o calor e tras rematar as últimas obras de mellora, o Concello de Salvaterra de Miño abre a Piscina Municipal para todos os veciños, veciñas e visitantes. As instalacións abrirán o vindeiro martes 18 de xuño e permanecerán abertas ata o 15 de setembro. O horario será de martes a venres de 15:00 a 21:00 horas e sábados, domingos e festivos de 13:00 a 21:00 horas. A instalacións que contan cunha piscina para pequen@s e outra para maiores ofrecen unha alternativa de ocio para toda a familia. Precisamente nestes días péchanse as inscricións para o Curso de Natación do mes de xullo e aínda hai posibilidade de anotarse para agosto contactando con ADA no teléfono 656261542 ou por correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

27 06 2023 Foto Piscinas 127 06 2023 Foto Piscinas 3