O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INICIA AS OBRAS DE LIMPEZA E ACONDICIONAMENTO DO CRUCEIRO DO EIDO VELLO, NA PARROQUIA DE LOURIDO

Dentro do programa de posta en valor do patrimonio cultural que leva a cabo o Concello de Salvaterra de Miño, onde xa se realizaron varias restauracións en cruceiros no temo municipal, o Concello ven de iniciar as obras de limpeza e acondicionamento do cruceiro do Eido Vello na parroquia de Lourido, obra financiada a través da subvención da Deputación de Pontevedra destinada a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural por un importe de preto de 6.000 euros. Con estas obras preténdese mellorar a seguridade e recuperar a estética orixinal do curceiro. En primeiro lugar, saneando a plataforma ou pedestal do mesmo, xa que a actual presenta algún golpe e faltas e tamén coa limpeza superficial do monumento utilizando medios mecánicos que respecten a pátina da pedra. Estes traballos teñen como prioridade minimizar os riscos de afección sobre o patrimonio cultural e a documentación e conservación de calquera tipo de restos ou materiais de interese etnográfico e cultural que puideran aparecer no transcurso da execución dos traballos.

13 06 24 Cruceiro Lourido