O reforzo do horario continuo ata 5 de xullo e as novas adquisicións para o catálogo da Biblioteca principais reclamos entre o público. A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño que actualmente conta con horario ampliado polos meses de exames finais e recuperacións que coinciden coas probas da ABAU rexistra un número de visitas récord con preto de 1000 usuarios que pasaron polas instalación durante o mes de maio. De media por día foron 40 persoas as que acudiron ó espazo, unha cifra que reflexa o éxito do horario, servizos e instalacións para estudantes, público infantil e adulto. Recordamos que a ampliación continúa ata o 5 de xullo de 09:00 horas e ata as 20:00 horas de luns a venres e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. Dende o Concello de Salvaterra de Miño queren transmitir a todos e todas as estudantes que nestes días realizan as probas ABAU… MOITA SORTE e FORZA.

04 06 24 Biblioteca