O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes maio que conmemoran esta data tan especial dentro do calendario este ano adicado á escritora Luisa Villalta. Durante a tarde de celebración o alumnado puido desfrutar de diferentes actuacións a cargo da Banda de Musica de Salvaterra, as pandereteiras do IES Salvaterra, unhas pequenas obras teatrais representadas por alumnos, alumnas e profesorado do centro e unha actuación de baile de 1º da ESO. O acto serviu tamén para inaugurar o patio inclusivo, un novo espazo de máis de 1100 m2 de recente creación e que posibilitará que o alumnado desfrute dun espazo ó aire libre nos tempos de recreo. A obra con céspede sintético e mesas será o lugar para facer actividades non deportivas e de convivencia tales como círculos restaurativos para a reflexión e expresión de emocións ou as actividades das parellas TEI (Titorías Entre Iguais) entre outras. O equipo directivo do IES Salvaterra de Miño, que conta actualmente con máis de 600 alumnos e alumnas, foi o que iniciou este proxecto que contou coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

30 05 24 Patio inclusivo IES Salvaterra 130 05 24 Patio inclusivo IES Salvaterra 230 05 24 Patio inclusivo IES Salvaterra 330 05 24 Patio inclusivo IES Salvaterra 4