Serán dúas xornadas con actividades físicas ó aire libre dirixido a mulleres. O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o curso de defensa personal para mulleres durante o mes de abril e un obradoiro de Mindfulness durante o mes de maio continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. Nesta ocasión lanza Muller Activa, un programa de actividades ó aire libre no Espazo Termal de Teáns Oleiros dirixido a mulleres o cal se levará a cabo en dúas xornadas. A primeira o 8 de xuño será de ioga e hipopresivos e a segunda o 15 de xuño un entrenamento de forza e zumba. Nas dúas xornadas haberá tres grupos que desenvolverán a actividade nas seguintes horas: 10:00, 11:10 e 12:20 horas da mañá. O curso é gratuíto e será obrigatorio levar esterilla. As incricións realizaranse no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 629 770 177.

Muller Activa actividades termas