Cartel Campus Veran 01Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2020 que se realizará no CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón durante os meses de xullo e agosto.

Achégase o remate do curso escolar e son moitas as familias que atopan grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Verán A actividade dirixida a nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2020 realizarase durante os meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 h no C.E.I.P Plurilingüe Infante Felipe de Borbón. O Concello pon a disposición dos seus veciños máis de 200 prazas en catro quendas, nos meses de xullo e agosto. Ademais haberá a posibilidade de ampliar horario para as familias que así o precisen, coa aula matinal dende as 7:30h e servizo de comedor ata as 16:00h. Esta actividade require inscrición previa, terase en conta a orde de entrada por rexistro e terán prioridade aquelas familias que os pais e nais traballen nese horario e tamén as familias monoparentais. As bases e inscrición poderá recollerse no Concello, no departamento de Cultura ou descargarse a través da web concellodesalvaterra.com. O prazo de inscrición será do 21 ao 28 de maio e poderase facer dende a sede electrónica ou de xeito presencial en horario de 09:00 a 14:00 horas. Máis información no teléfono 986 658 082 ou na web do concello.

 

iconoPDFINSCRICIÓN CAMPUS VERÁN

 

iconoPDFBASES CAMPUS VERÁN