Son un total de 15 carrozas que participarán no festexo que pon fin o Entroido. O sábado 17 de febreiro celebramos o Enterro da Lamprea unha cita que pecha o Entroido en Salvaterra de Miño. Dende as 17:00 horas máis de 1500 persoas dun total de 15 carrozas percorrerán as principais rúas, comezando en Rosalía de Castro e pasando por Rúa Castelao, Rúa Galicia e Rúa Raíña Dona Urraca, para rematar na praza do Concello onde se dará lectura ó testamento da defunta Lamprea. Na mesma praza haberá chocolate, tamén sen glute, para todas e todos. Esta é unha cita moi esperada xa que o espectáculo está asegurado grazas o ambiente, música, luces, vestimentas e risas. Animamos a aqueles que queiran acompañarnos na comitiva da defunta Lamprea que se acheguen o sábado ás 17:00 horas a rúa Rosalía de Castro para acompañala antes da súa queima na Praza do Concello, rogamos veñan de riguroso loito.