O IES SALVATERRA DE MIÑO ORGANIZA UNHA PLANTACIÓN EN LIRA DENTRO DO PROXECTO MONTE VIVO

Serán preto de 300 rapaces e profesores do centro educativo que se achegarán ata a parroquia para plantar máis dun centenar de árbores. O vindeiro 21 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de Montes de Lira e o Distrito Forestal XVII; organiza unha plantación para o alumnado de 1º ESO e 3º ESO, do grupo Titoría entre Iguais (TEI), e para 1º de FPB Madeira. En total serán preto de 300 rapaces e rapazas do centro educativo que xunto ó grupo de pandereteiras do IES Salvaterra que participarán dende as 14:00 ata a 18:10 na plantación de máis de 100 árbores en Formarigo e Cernadas na parroquia de Lira. O IES Salvaterra de Miño leva seis anos conmemorando o día da árbore dun xeito totalmente colaborativo xunto as diferentes Comunidades de Montes do Concello, e este ano tocou en Lira. Unha iniciativa que conta coa colaboración do profesorado, ANPA, Comunidade de Montes, Distrito Forestal, dos alumnos e alumnas de Forestal do Obradoiro de Emprego e do Concello de Salvaterra de Miño.

07 02 24 plantación Monte Castelo 107 02 24 plantación Monte Castelo 207 02 24 plantación Monte Castelo 3