O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no IX Concurso de Traballos por Proxectos que foi convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O proxecto premiado foi “Mergúllate con nós: Descubre e aprende”, na modalidade de proxectos documentais integrados, coordinados dende a biblioteca escolar. Entre os criterios tidos en conta para a valoración do proxecto figura a participación de toda a comunidade educativa no seu desenvolvemento.

Este premio supón, unha vez máis, o recoñecemento de que o deseño deste proxecto e os que se están a desenvolver no centro coloca ao seu alumnado no camiño axeitado para acadar a mellor competencia lectora e para acadar competencias que son clave na sociedade da información, nomeadamente a súa competencia para o uso e produción de información.

Parabéns, polo tanto, para o equipo da biblioteca, equipo docente, persoal non docente, alumnado, familias, ANPA e outras institucións que participaron no desenvolvemento do proxecto no pasado curso escolar (CFR de Vigo, Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, Inspección Educativa, Concello de Salvaterra de Miño,...). Dende o centro esperamos contar coa colaboración novamente de toda a comunidade educativa para o desenvolvemento de proxectos vindeiros.

09 01 23 Concurso CEIP Leirado 109 01 23 Concurso CEIP Leirado 209 01 23 Concurso CEIP Leirado 3