O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DE SALVATERRA DE MIÑO ATENDEU A MÁIS DE 200 PERSOAS DESEMPREGADAS E XESTIONOU 38 OFERTAS DE EMPREGO NO ÚLTIMO ANO

Orientación LaboralAdemais realizáronse 154 itinerarios personalizados de inserción cun total de 749 entrevistas. A punto de rematar o ano o Concello de Salvaterra de Miño fai balance do último ano do Servizo de Orientación Laboral. Dende xaneiro deste 2023 atendéronse a un total de 213 usuari@s do Servizo de Orientación da Oficina de Emprego, prestando un servizo de diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional, deseño de itinerarios personalizados para o emprego, acompañamento personalizado, deseño e planificación de acción, elaboración de CV, emprego de ferramentas e recursos para a búsqueda de emprego, asesoramento, etc. Dende este Servizo de Orientación de Salvaterra de Miño que leva en funcionamento dende outubro do 2020, levaronse a cabo neste último ano 154 IPIs (itinerarios personalizados de inserción) e un total de 749 entrevistas. A través dos IPIs trabállase individualmente durante 6 meses todos os aspectos da búsqueda para que poidan atopar emprego, pero tamén para que sexan independentes na búsqueda e teñan todos os recursos ao remate do periodo; un traballo intenso e continuo que require un compromiso firme por parte do usuari@. Por outra banda, a través da bolsa de emprego que conta con máis de 100 persoas empadronadas en Salvaterra de Miño, xestionáronse un total de 38 ofertas de emprego demandadas polas empresas. Recordamos que dende as redes sociais do Servizo de Orientación Laboral publícanse ofertas de traballo no noso territorio de influencia e colabórase cos CDLs da zona para cubrir ofertas e promocionar máis opción aos nosos veciños e veciñas.