A Deputación de Pontevedra subvencionou a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede Agora, entre os que se atopa o Concello de Salvaterra de Miño, cun importe de 10.345,50 € para o proxecto de RECUPERACION DE ESPAZO PARA USO PEONIL DA RUA ALTO DA FONTE e 13.612,50 € para o proxecto de RECUPERACION DE ESPAZO PARA USO PEONIL NA RUA ALTO DA FORCA
A Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público é unha iniciativa de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Está formada pola Deputación e 54 concellos da provincia.
O seu obxectivo é chegar a xuño de 2023 conseguindo que os concellos pontevedreses incrementen de forma substancial o espazo reservado ás persoas, itinerarios peonís e ciclables cumprindo un decálogo básico.
Os principios Ágora:
- * O espazo público é un dereito
- * As persoas primeiro
- * Mobilidade inclusiva
- * Autonomía infantil
- * Mobilidades alternativas
- * Espazos seguros
- * Hábitat saudable
- * Espazos amables e de calidade
- * Actividade económica de proximidade
- * Mobilidade sustentable