O SÁBADO 19 DE AGOSTO CELEBRASE A LII EDICIÓN DO DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO

Un millar de padexeiros participarán no evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia. Na mañá do mércores tivo lugar en Tui no Centro de Piragüismo Quique Míguez, a presentación da LII edición do Descenso Internacional do Miño e a XII edición do Descendo Popular, organizada polo Clube Kayak Tudense en colaboración co Concello de Tui e o Concello de Salvaterra, que terá lugar o vindeiro sábado 19 de agosto. Un ano máis Salvaterra de Miño volve a ser protagonista dun evento declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, xa que será o punto de saída dos case un millar de padexeiros. A partires das doce da mañá, xa comezarán distintas saídas, sendo ás 18:30 cando comece a proba deportiva internacional e que ten meta no Centro Municipal de Piragüismo en Tui. Moitísima sorte a tod@s @s participantes!! Agardámosvos no Parque da Canuda!!

17 08 23 Cartel Descenso Internacional do Miño