Esta mañá na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño comezou o primeiro dos obradoiros que se imparten dentro do Programa “Xuntas” unha iniciativa conxunta cos concellos de Salceda e As Neves cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. O programa dirixido a tódalas mulleres desenvolverase durante as próximas semanas a través de asistencia psicolóxica, asesoramento xurídico, inserción laboral e obradoiros. O luns 21 de agosto teremos o seguinte obradoiro “O arte no camiño de empoderarte” ás 10:00h na Biblioteca e o xoves 24 a cita será no Espazo Lúdico Termal de Teáns – Oleiros ás 10:00 onde realizarán un exercicio terapéutico e de saúde. Para máis información sobre estas actividades poden dirixirse ó teléfono 685 211 882.

ObadoiroXuntas