AS CATAS COMENTADAS, O TÚNEL DO VIÑO, A MÚSICA E AS NOITES GASTRONÓMICAS CENTRAN O PROGRAMA DA FESTA DO VIÑO DO CONDADO

Esta é a sexaxésimo cuarta edición da festa que se celebra os días 25, 26 e 27 e que terá actividades relacionadas co viño durante toda a semana. Os días 25, 26 e 27 de agosto Salvaterra de Miño celebra a LXIV Festa do Viño do Condado do Tea cunha programación que pon en valor os nosos viños, a nosa música e gastronomía. A inauguración da festa terá lugar o venres 25 ás 20:00h no recinto da muralla pero as actividades comezarán esa mesma semana coas catas comentadas nas que as diferentes adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños dende o 21 ata o 25 de agosto na Casa do Viño. Este ano ademais volve o Túnel do Viño onde ó público poderá degustar tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros. As inscricións para ambas actividades deberá realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou ben no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Salvaterra de Miño será o último fin de semana de agosto epicentro do viño Condado. Durante os tres días o público poderá catar os viños e ademais desfrutar da música amenizada no día coas charangas e cos diferentes grupos musicais nas noites gastronómicas. Lucky Duckies e A Roda acturarán o venres 25, SondeSeu e Fanfarria Taquicardia o sábado e o peche da festa será o domingo cos grupos O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla. Nesta edición o pregoeiro será o humorista, presentador e actor Roberto Vilar que dará lectura ó pregón ás 13:00h no recinto amurallado, será despois do acto que dará a coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de gaitas de Salvaterra de Miño.

Díptico a4 plegado Festa do Viño 2023 ADíptico a4 plegado Festa do Viño 2023 B