O humorista, actor e presentador será o encargado de dar lectura ó pregón o domingo 27 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra. Falta só unha semana para que den comezo os actos e actividades da Festa do Viño do Condado do Tea e nesta a sexaxésimo cuarta edición a persoa encargada de dar lectura ó pregón será o recoñecido humorista e presentador Roberto Vilar. A festa, declarada de interese turístico de Galicia, celebrarase este ano os días 25, 26 e 27 de agosto no recinto amurallado e contará con actividades e música nun programa que darase a coñecer nos próximos días.

15 08 23 Roberto Vilar