Esta mañá tivo lugar na Piscina Municipal da Canuda o peche da 1ª quenda dos cursos de natación dirixidos pola Asociación ADA en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, onde os nenos e nenas tiveron o recoñecemento polo obxectivo cumprido cun diploma coa cor correspondente, que lles outorgaba o nivel acadado. Unha ledicia contemplar estas xornadas lúdicas e formativas, onde os rapaces e rapazas melloran as súas habilidades no medio acuático ao mesmo tempo que desfrutan de diversos xogos. A partires do vindeiro martes comezará a 2ª quenda do curso de natación que se prolongará durante o mes de agosto.