Hoxe tivemos o inmenso pracer de recibir no Concello a case a totalidade da expedición do CPA CONDADO que viaxou a Arxentina para conquistar a COPA MUNDIAL de patinaxe artístico na modalidade de Grupos Show.

Logo de compartir unas interesantes verbas coa nosa Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes, foron obsequiadas cunhas camisolas conmemorativas da gran xesta acadada.

Estamos ante un clube que, dende unha humildade e sobre todo moitísimo traballo, veñen de cumprir un soño ata agora inimaxinable.

Dende O Concello somos coñecedores do esforzo e sacrificio que fai Edu na súa labor de adestrador, como da súa directiva para poder levar a cabo os seus proxectos deportivos; por iso, queremos transmitir os nosos parabéns e o noso orgullo a este enorme clube que sitúa, unha vez máis, o nome de Salvaterra na cúspide da patinaxe mundial.

Ao mesmo tempo, cómpre homenaxear a eses papás e mamás que dende ven cativas apoiaron as súas fillas para acompañalas a cada adestramento, cada competición local, rexional, autonómica… agora todo é Nacional, Europeo e Mundial, pero o esforzo e adicación foi sempre o mesmo.

Moitísimos parabéns a toda a familia do CPA CONDADO, MERECÉDELO!!!

MUNDIAL CONDADO