REMATADAS AS OBRAS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN DO CRUCEIRO DO CASCO, NA PARROQUIA DE FORNELOS.

O Concello de Salvaterra de Miño, dentro da liña de posta en valor do seu patrimonio histórico e cultural e a través da subvención da Deputación de Pontevedra para rehabilitación do Patrimonio, ven de rematar os traballos de limpeza e conservación do cruceiro do Casco, na parroquia de Fornelos, por un importe de preto de 5.000,00€ As obras consistiron na limpeza superficial do monumento utilizando medios manuais, na reparación da fenda que presentaba o capitel na súa cara oeste, así como a substitución do perpiaño serrado que presenta a plataforma no vento norte, mellorando a estética e as condición de conservación deste ben cultural.

IMG 20230328 WA0001IMG 20230328 WA0002IMG 20230328 WA0003