O pasado martes tivo lugar no Parque de A Canuda o punto de encontro de España e Portugal para celebrar o día Mundial de Acción polos Ríos.

A Asociación Chelonia, xunto con Cocacola dentro do seu proxecto de Mares Circulares, en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, Empresarias Galicia e Portugal, levaron a cabo unha campaña de concienciación sobre a importancia de manter os nosos ríos limpos e conservados.

O punto de actuación dos dous países foron as beiras do Miño, nexo hidrográfico de unión entre os dous países.

Unha treintena de alumnos do IES Salvaterra formaron parte do proxecto como voluntarios para a recollida de lixo dos sendeiros ata a EDAR, e ata a Ponte Medieval da Fillaboa.

Resulta moi curioso comprobar que ante unha mirada inicial onde se aprecia bastante pulcritude, cando se incide un pouco máis na búsqueda atópanse moitos restos de lixo de todo tipo que levan o nome da man do ser humano.

Dende O Concello queremos agradecer a Asociación Chelonia e a Coca-cola o feito de contar con nós para un proxecto tan preciso e fermoso coma este, así como ao IES Salvaterra e aos seus alumnos polo seu compromiso coa causa.

CHELONIACHELONIA3