CampusO Concello de Salvaterra de Miño, realiza un ano máis o Campamento de Semana Santa, dentro do seu programa de conciliación da vida laboral e familiar.

A actividade levarase a cabo os días 3,4, 5 E 10  de abril no CEIP PLURILINGüE INFANTE FELIPE DE BORBÓN no horario de 9:00 a 14:00h, con posibilidade de ampliación dende as 7:30h co aula madruga.

Os destinatarios son nenos e nenas nacid@s entre os anos 2011  a 2019.

O prazo de inscrición será dende o 15 ao 20 de marzo, a cal se poderá realizar no rexistro do Concellode 9:00h ata 14:00h.  ou mediante a sede electrónica.

Xogos, manualidades, cociña e experimentos serán algunhas das actividades que os nenos e nenas realizarán para pasar unha Pascua moi divertida.

Máis información no Concello de Salvaterra ou na páxina web do Concello.

 

iconoPDFBases da Convocatoria

 

iconoPDFDocumentación a aportar

 

iconoPDFInscripcións