CARTEL CHELONIAO vindeiro martes 14 de marzo é o Día Internacional de Acción polos Ríos, unha data importante no calendario do proxecto Mares Circulares organizado por Coca-Cola e a Asociación Chelonia.

Coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e de Empresarias Galicia, e dentro do seu compromiso de concienciación e coidado do Patrimonio Hidrográfico, os impulsores deste proxecto internacional consideran o noso paseo fluvial como un punto estratéxico dada a unión con Portugal, país veciño e parte do mesmo proxecto.

É por iso que o vindeiro martes en horario de 10:30 a 14:00 horas, levarase a cabo unha recollida de residuos en dous puntos do paseo: No parque A Canuda dende a Policía Local ata a EDAR, e o outro onde a Ponte Medieval da Fillaboa.

Ao redor de trinta alumnos do IES Salvaterra de Miño participarán nesta xornada, onde previamente terán dentro das instalación do Centro, unha charla explicativa levada a cabo por membros da Asociación Chelonia para pautar a xornada e concienciar aos rapaces e rapazas da importancia de manter limpos os ríos e toda a vida que alí existe.

Dende O Concello queremos trasnmitir os nosos parabéns ao IES por sumarse a este proxecto e agradecer a Asociación Chelonia e a Coca-Cola por levar a cabo este proxecto biosaudable e contar con nós.

rios