Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

AulaMentorO Concello de Salvaterra de Miño  pon en marcha unha “Aula Mentor”, na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra, a cal xa funciona de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00horas.

A través desta nova iniciativa de formación telemática, a veciñanza pode beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online.

As persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello por teléfono ou ben a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Aula Mentor ofrece formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Unha vez realizado o proceso de matrícula, as persoas beneficiarias poderán completar os seus cursos na propia aula de novas tecnoloxías ou ben nas súas casas.

O programa de formación do Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de emprego través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Para acceder a toda a información sobre o proxecto e máis o catálogo de cursos accesible poderán facelo na ligazón https://www.aulamentor.es/

Aula Mentor

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia